¿Quen somos?
XenTec Barbanza é unha asociación sen ánimo de lucro que nace coa ilusión de formar tecnolóxica e dixitalmente ás novas xeracións, promovendo un uso responsable das tecnoloxías dende idades temperás.
O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento educativo, social e profesional da cidadanía no ámbito tecnolóxico, apoiando a participación activa e en igualdade de condicións de todas as persoas, achegando a informática, a programación, a intelixencia artificial, a robótica e as novas tecnoloxías da información a nenas, nenos, adolescentes e persoas adultas, cun acceso equitativo, inclusivo e de calidade á educación dixital.
XenTec Barbanza tamén quere incentivar a participación no ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), para que os nenos e nenas investiguen, constrúan e resolvan problemas utilizando coñecementos científicos, tecnolóxicos e matemáticos, desenvolvendo así o pensamento crítico, a creatividade e o traballo en equipo.
